EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego

Asignatura: HISTORIA DEL ARTE: DE LA VANGUARDIA HISTÓRICA A LA POSTMODERNIDAD (1900-2025)

Fechas
Del 11 de septiembre al 18 de diciembre de 2025
Aulas
Espacios en los que se desarrolla:
Profesores que la imparten
Antón Castro Xosé
Cuatrimestre
Esta asignatura se impartirá en el 1º Cuatrimestre
Descripción

Comprender o debate artístico contemporáneo implica coñecer ben o que significa a modernidade, algo ó que tentaremos acercarnos desde as rupturas revolucionarias de finais do XIX – particularmente a dos impresionistas- ata finais dos anos 70 do século XX, continuando coa ruptura postmoderna, que se produce en torno a 1980, ata hoxe mesmo.

Objetivos

-Achegarnos a uns conceptos teóricos básicos no campo da historia de arte, da crítica e da estética, referidos especialmente á arte do século xx.

-Analiza-los mecanismos fundamentais para ver, e comprender a arte, seguindo una metodoloxía amplia que teña en conta o marco histórico e a estructura formal das obras.

-Establecer as bases históricas para que a actualidade poida ser intuida en contrapunto. En función disto trataráse de crear un continuo sistema de relacións entre cada pasado e as posicións artísticas máis recentes, cando sexa procedente.

-Coñece-la estreita relación que existe entre os acontecementos de orden internacional e as diferentes opcións de vangarda.

-Profundizar na idea de vangarda, a fronteira situacional do artista fronte ós poderes institucionalizados.

-Fuxir, na medida do posible, dun desenrolo lineal estricto e etiquetado dos diferentes movementos artísticos, posto que é necesario suliña-la convivencia de moitos deles.

-Centrarse nas opcións fundamentais que xeraron os auténticos mecanismos de transformación do século XX, privilegiando o papel das artes plásticas ou visuais. Isto é, débese coñecer o desenvolvemento dos períodos ou épocas, tendencias, autores e obras máis significativas do momento estudiado, contextualizable nun todo que é a Historia da Arte que nos ocupa, de maneira particular a que cubre o noso programa.

-Adicar unha atención especial a determinadas individualidades que marcaron posicións trascendentes e aportaron referencias duradeiras.

-Analiza-las relacións, cada vez máis reais, entre o artista, o mercado, a crítica e o pensamento estético que emana dos contextos culturais de cada período. Mais tamén as conexións entre a evolución artística e o compromiso moral do artista.

-Referirse ós casos español e galego seguindo un estricto proceso comparativo, en relación ó contexto internacional, tendo en conta os condicionantes específicos do seu desenrolo.

Metodología

Presencial

Programa

1.-Unha introducción: Cara outra visión do mundo: as transformacións culturais e científicas no marco político do cambeo de século. Do preludio postimpresionista ó labirinto dos movementos prevangardistas. 

2.-Para coloniza-lo futuro: a idea de vangarda como futuro ideal. 

3.-A arte entre a cultura e a ciencia frente a natureza. Os movementos fríos e as revolucións no dominio da forma.

4.-O Picasso Coruñés (1891-1895).

5.-O futurismo italiano: destrui-los museos e glorifica-la máquina e a loita.

6.- Os movementos frios...Utopía e racionalismo estético.

7.-A abstracción como natureza e cultura, como frio e calor.

8.-O surrealismo e as razón do automatismo psíquico. 

9.-O retorno ó orden artístico das entreguerras/1919-1939). 

10.-Galicia e o debate rexionalista-nacionalista.

11.-A Guerra como fronteira: o novo orden artístico despois de 1939.

12.-A España artística de postguerra (1939-1959).

13.-As transformacións no tránsito dos anos 50 ós 60 e a nova conciencia cultural: a pintura como posibilidad: o retorno figurativo europeo. 

14.-O Minimal Art e as estructuras primarias da arte.

15.-Os anos 60/70 en España.

16.-Galicia: entre as influencias neovangardistas e a conciencia autóctona.

17.-As novas posiciones estéticas despois de 1980 (1980-2025).

Archivos de la asignatura
Saltar al contenido
  • Facebook

  • Twitter

  • UNED