EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Lugo

  • In-person

  • Cursos de centros

  • October, 4th 2026

In-person
October, 4th 2026

XIX Limpeza Simultanea de Ríos

Print PDF

O domingo 04 de outubro celebraremos a XIX Limpeza Simultánea de Ríos

Un ano máis, a UNED de Lugo e Coidemos Lugo, únense á convocatoria proposta por ADEGA da xornada de implicación ambiental. Esta actividade busca concienciar a sociedade sobre a importancia de manter os nosos ríos libres de lixo, unha condición imprescindible para garantir a súa saúde e preservar a súa biodiversidade.

O punto de encontro para a realización da actividade será na entrada da UNED de Lugo. O aparcadoiro do centro estará aberto para aquelas persoas que precisen deixar o seu coche.

Dates and places
October, 4th 2026
11:00 to 14:00 h.

Lugar:

Parque da Tolda (Ríos Rato e Miño)


Hours
Teaching hours: 3
In-person
This activity is developed in presence.
Program
  • Sunday, October, 4th 2026
    • 11:00-14:00 h. XIX Limpeza Ríos
    Enrolment

    ACTIVIDAD SIN CERTIFICADO

      Ordinary enrollment
    FeeFree
    Other cycle activities
    This activity belongs to the cycle ODS en Acción 26-27, formed by the following activities:

    Aimed at
    Ao conxunto da sociedade: asociacións, centros de ensino, concellos e todas aquelas persoas que desexen colaborar na protección dos nosos cursos fluviais.
    Goals
    1. Retirar residuos do ecosistema fluvial.
    Methodology
    Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
    -Luvas. Se o voluntariado pode traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos. Recomendamos facelo, e así non se comparte material.
    -Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
    -Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
    -Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo. Tamén se poden levar capachos/esportas para transportar o lixo e tamén estamos a reducir os residuos xenerados.

    Outras medidas de seguridade poden ser:
    -Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
    -Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
    -Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
    -Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
    -Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.
    -Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
    -Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.
    Collaborates

    Participate

    UNED Lugo NaturalMente
    Coidemos Lugo

    Promueve

    ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
    Objetivos de Desarrollo Sostenible

    Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

    More
    UNED Lugo
    Tolda de Castela 4B
    27169 Lugo Lugo
    982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
    Images from the activity
    Saltar al contenido
    • Facebook

    • Twitter

    • UNED