EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Lugo

  • Presencial

  • Cursos de centros

  • 15 de junio do 2026

Presencial
15 de junio do 2026

Inspección de Primavera do Proxecto Ríos 2026.

Imprimir PDF

Actividad íntegramente PRESENCIAL Ó AIRE LIBRE. Emitirase certificado de participación na actividade de voluntariado.

Despois de anos participando activamente no Proxecto Ríos, a UNED de Lugo continúa o seu compromiso coa conservación e estudo dos ecosistemas fluviais mediante unha nova xornada de inspección ambiental do río Miñor.

Trátase dunha actividade de educación e voluntariado ambiental que terá lugar o luns 15 de xuño na reserva da biosfera Terras do Miño, onde a UNED de Lugo ten adoptado un treito deste río ao seu paso pola sede universitaria. Durante a xornada, realizarase unha inspección do estado do río, recollendo datos sobre a súa calidade ambiental, a biodiversidade presente e posibles impactos ou alteracións detectadas no ecosistema.

Esta iniciativa forma parte do Proxecto Ríos, un programa de referencia en Galicia que promove a participación cidadá na conservación dos ríos. Grazas á colaboración de centos de persoas voluntarias e entidades de todo o territorio galego, cada ano elabórase un informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos, no que se incorporan os datos recollidos pola UNED de Lugo neste tramo do río Miñor.

O punto de encontro para a realización da actividade será na entrada da UNED de Lugo. O aparcadoiro do centro estará aberto para aquelas persoas que precisen deixar o seu vehículo.

Lugar e datas
15 de junio do 2026
De 11:00 a 13:00 h. (ó ás xxxh)

Lugar:

Centro Asociado de Lugo e entorno próximo do río Miño.


Horas
Horas lectivas: 2
Presencial
Esta actividade desenvólvese presencialmente.
Programa
  • lunes, 15 de junio
    • 11:00-13:00 h. Inspección de Primavera do Río Miño incluido dentro do Proxecto Ríos.

      Identificación de macroinvertebrados como bioindicadores, parámetros de calidade físico-químicos dos cursos naturais de auga.
    Inscrición

    ACTIVIDADE INTEGRAMENTE PRESENCIAL E Ó AIRE LIBRE.


    EMITIRÁNSE CERTIFICADOS DE PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE DE VOLUNTARIADO.

      Ordinaria
    PrezoGratuíta
    Outras actividades do ciclo
    Esta actividade pertence ao ciclo Uned Lugo NaturalMente, formado polas seguintes actividades:

    Dirixido a
    Toda persoa interesada en coñecer mellor o estado dos nosos ríos, colaborar na súa conservación e participar nunha actividade de educación e voluntariado ambiental.
    Obxectivos
    Concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do coidado e conservación dos ecosistemas fluviais, promovendo a educación ambiental e o coñecemento do estado dos nosos ríos. Así mesmo, fomentar a participación activa do voluntariado e da sociedade no seguemento, protección e mellora destes espazos naturais, contribuíndo á súa saúde, sustentabilidade e preservación para as xeracións futuras.
    Metodoloxía
    A actividade desenvolverase mediante unha metodoloxía activa e participativa, na que as persoas asistentes serán protagonistas do proceso de observación, análise e recollida de información sobre o estado do río. A través do traballo colaborativo e da aprendizaxe experiencial, fomentaranse a sensibilización ambiental, o pensamento crítico e a implicación directa na conservación dos ecosistemas fluviais, combinando coñecementos teóricos con accións prácticas no propio medio natural.

    Para a realización da inspección recoméndase levar roupa e calzado cómodo axeitados para actividades ao aire libre, así como protección fronte ás condicións meteorolóxicas previstas (gorra, impermeable, protección solar e auga para beber, segundo corresponda).

    Durante a actividade realizaranse observacións e recollida de datos sobre diferentes indicadores ambientais do río, polo que é recomendable levar un caderno ou dispositivo para tomar notas, aínda que o material técnico necesario será facilitado pola organización.

    Por motivos de seguridade, recoméndase:
    • Non acceder a zonas de difícil acceso nin que poidan supoñer un risco para a integridade física das persoas participantes.
    • Evitar entrar na auga en zonas profundas ou con corrente significativa.
    • Desprazarse con precaución por zonas húmidas, con pedras soltas ou superficies esvaradías.
    • Seguir en todo momento as indicacións das persoas coordinadoras da actividade.
    • No caso de participar con menores de idade, garantir a súa supervisión constante.
    • Respectar a flora e fauna presentes no ecosistema, minimizando calquera impacto durante a realización da inspección.
    • Aplicar o sentido común e comunicar ao persoal responsable calquera incidencia ou situación que poida representar un risco.


    O obxectivo principal da actividade é coñecer mellor o estado ecolóxico do río mediante unha observación responsable e segura do seu ecosistema.
    Colaboradores

    Avalado por

    UNED Lugo NaturalMente

    Organiza

    UNED LUGO

    Coordina

    Extensión Universitaria UNED LUGO

    Colabora

    Diputación Lugo
    Concello de Lugo

    Apoya

    ODS. Agenda 2030.
    Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

    Esta actividade incide nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible:

    Máis información
    UNED Lugo
    Tolda de Castela 4B
    27169 Lugo Lugo
    982.28.02.02 / info@lugo.uned.es