EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Lugo

  • Online or in-person

  • Cursos de centros

  • from October, 2nd 2025 to December, 11th 2025

Online or in-person
from October, 2nd 2025 to December, 11th 2025

Lugopoética 2025

Print PDF

Lugopoética 2025, continuadora da acción iniciada en 2024, é un proxecto de Egeria en colaboración coa Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, que se vai desenvolver en seis xoves do cuarto trimestre do presente ano.

Consistirá en conversas de 90 minutos de duración con poetas que comentarán e lerán anacos da súa obra. Os encontros xirarán arredor de parellas de poetas “Paso a dous” relacionados entre si por familia ou actividade que serán emitidos na canle de YouTube da UNED Lugo.

ACTIVIDADE EN GALEGO

Dates and places
From October, 2nd 2025 to December, 11th 2025
18:30 to 20:00 h.


Online or in-person
You can choose in-person assistance or live or delayed online assistance.
Program
  • Thursday, October, 2nd 2025
    • 18:30-20:00 h. Carmen Blanco García
      Claudio Rodríguez Fer
    • Thursday, October, 16th 2025
      • 18:30-20:00 h. Mar Ferreiro Rozas
        Lucía López Cancio
        Gustavo E. díaz Rey
      • Thursday, October, 30th 2025
        • 18:30-20:00 h. Ana Vila Portomeñe
          Paco Ledo 
        • Thursday, November, 13th 2025
          • 18:30-20:00 h. Manuel Regal Ledo
            Xosé Antón Miguélez Díaz
          • Thursday, November, 27th 2025
            • 18:30-20:00 h. Xoan Neira
              Xosé Carlos Ulloa García
            • Thursday, December, 11th 2025
              • 18:30-20:00 h. Helena Villar Janeiro
                Xesús Rábade Paredes
              Attendance
              This activity allows to participate in-person assistance or live or delayed online assistance, without having to go to the center.
              Enrollment

              ACTIVIDAD SIN CERTIFICADO

                Ordinary enrollment
              FeeFree
              Other cycle activities
              This activity belongs to the cycle Poesía, formed by the following activities:

              Lecturers
              Carmen Blanco García
              Publicou poesía, narrativa e ensaio rompendo os límites dos xéneros. Deu mostras poéticas nas obras Estraña estranxeira, Un mundo de mulleres ou Lobo amor e narrativas en Vermella con lobos ou Atracción total. É editora de obras de poesía e autora de ensaio, tradución ou ilustración de poesía. A súa creación inspírase no amor, na liberdade e na loita humana contra a opresión.
              Gustavo Díaz Rey
              Avogado e concelleiro no Concello de Lugo. Traballando no comercio exterior naceu nel un interese que o levou a estudar unha língua tan distinta coma familiar, que se escribe de dereita a esquerda. É autor do blog Behind Business,  no que plasma a súa mirada persoal sobre rostros e lugares. A poesía súmase a ese camiño coma unha forma máis de mirar
              Mar Ferreiro Rozas
              Nada na cidade de Lugo o día de Nadal de1973, e oriunda de San Adriano (Lourenzá). Xurista de profesión, cunha larga traxectoria como Xuíza e Avogada. No 2023, publicou o seu primeiro libro de poesía, en castelán, que leva por título “Llegarás (entretanto es tiempo de vivir y/o malvivir)”
              Francisco Ledo López
              Gandeiro e poeta en lingua galega. En 1977 publicou o seu primeiro poemario, "Poesía dun labrego", primeiro libro publicado pola Editorial Alvarellos. Desde entón, en poesía, ten publicado “Bricnas”, “Nos cumes do cántico” e “Nas portelas de memor0ça”; en ensaio, “No medio da treboada e “A carón da lareira”; e, en dixital “Haikus galegos”.Ten participado nunha ducia de libros colectivos.
              Lucía López Cancio
              Graduada en educación social e no máster de profesorado pola Uned, especialidade de Intervención Sociocomunitaria, exerceu como profesora de F.P. e educadora social. Actualmente, estudaTraballo Social na Uned, á vez que exerce como educadora, manténdose en contacto coas persoas (nenos, adolescentes, 3ª idade...) das que aprende e se sinte inspirada para crear poemas
              Xosé Antón Miguélez Díaz
              De familia chantadina, é crego na bisbarra de Lourenzá, na Mariña lucense e en parroquias de Abadín. A súa poesía foise centrando no eido relixioso cristiá. As primeiras mostras publicounas Grial (1970) e logo na Escolma de poesía galega de Xosé Lois García (Sotelo Blanco. 1984). Apareceron logo medio cento de himnos litúrxicos no Diurnal da Liturxa das Horas en galego (1999).
              Xoán Neira
              Mestre xubilado, reside en Viveiro dende 1982. Premiado nos certames de poesía: Meigas e Trasgos de Sarria, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona... e en  xornalismo: Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal (tamén en tres ocasións). Autor dos poemarios: Memoria e soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas, Linguaxes e Outras linguaxes.
              Xesús Rábade Paredes
              Cultiva a poesía desde novo, xénero que acabará complementando coa narrativa, o ensaio e a tradución, maiormente literaria. Como conferenciante e traballador puntual en normalización, adicou moito tempo á defensa da lingua do país, onte e hoxe en precario. En A luz co tempo dentro (Galaxia, 2023), atopará o lector un a modo de reflexión memorialística sobre a súa traxectoria vital.
              Manuel Regal Ledo
              Licenciado en teoloxía bíblica en Deusto. Monxe en Samos (12 anos), párroco por Abadín (18 anos),  Educador-terapeuta de drogodependentes en Proxecto Home. Actualmente casado, volve exercer actividades como cura con algunhas limitacións e é Delegado de Pastoral Rural na diocese de Mondoñedo-Ferrol.
              Claudio Rodríguez Fer
              Reuniu a súa poesía erótica e civil en Amores e clamores e a poesía visual en Cinepoemas e Corpoética. Está traducido a numerosos idiomas e o seu poema “A cabeleira” publicouse en máis de 80 linguas. É autor dun cento de obras narrativas, teatrais e ensaísticas e recibiu diversos recoñecementos en Europa e América. Dirixe a Cátedra Valente da USC e deu clase en Nova York, Bretaña e París.
              Xosé Carlos Ulloa García
              Profesor de Filoloxía castelá, galega e inglesa. En poesía ten publicado “El embrujo y la musa” (Alvarellos, 2005 e Andavira, 2017); “A Deusa das margaridas murchas” (Andavira, 2014); “Anárquicas arritmias” (bilingüe) (Punto Rojo, 2021), e – en conxunto con Javier Neira Pampin – “Un nuevo amanecer” (Punto Rojo, 2023). Participu en máis de 40 libros colectivos.
              Ana Vila Portomeñe
              Gandeira con explotación propia; poeta. Presidenta-fundadora da Asociación de Mulleres Rurais Landra (Taboada) e Creadora do evento cultural “Ruralsía”. Escritora en libros,  revistas e  Internet. Gañadora  do Certame Cartas de amor, Vila de Quiroga (Categoria senior). Membro de Recolectoras Memoria e Terra. Autopublicou “Algo de mí con mucho de ti”, “Latexos dunhalabrega”, “Pintasías”
              Helena Villar Janeiro
              Profesora de Ensino Primario e Secundario (Lingua e Literatura), exercendo tamén de poeta, narradora, ensaísta, articulista, conferenciante e traductora. Formou parte do colectivo de renovación poética Cravo Fondo (1977), presidiu a Fundación Rosalía de Castro e foi membro do Consello da Cultura Galega.
              Aimed at
              Persoas interesadas no tema
              Collaborates

              Organizers

              EGERIA

              Collaborates

              UNED LUGO
              Diputación Lugo
              Xunta de Galicia
              Concello de Lugo
              Objetivos de Desarrollo Sostenible

              Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

              More
              UNED Lugo
              Tolda de Castela Nº4B
              27169 Lugo Lugo
              982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
              Images from the activity
              Saltar al contenido
              • Facebook

              • Twitter

              • UNED